A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal e un fermoso concello que se atopa en pleno corazón da ría de Arousa e que conta cunha poboación aproximada de 9440 habitantes repartidos entre diversas parroquias, onde as dúas principais, a Vila do Caramiñal e a Pobra do Deán, son as que compoñen o casco urbano.
A Pobra do Caramiñal, debe o seu nome a unha pranta típica da zona do Atlántico, a Caramiña, que aínda que antigamente era moi abundante, hoxe en día atópase en perigo de extinción.
A maior parte da riqueza económica de este concello, ven principalmente da elaboración de conservas de pescado, a construción e o turismo. É para este último sector para o que se atopa moi ben preparada, xa que é unha zona que conta con fermosas praias como as da Lombiña, Cabío, A Illa ou A Corna entre outras, acompañadas de lares paisaxísticos como o monte da Curota, onde se atopa o mirador dedicado a Ramón María del Valle-Inclán, dende o que se poden ver unhas fermosas vistas da ría de Arousa. Ainda que si seguimos camiño, chegaremos ó mirador da Curota, de 618 metros, que en días despexados se pode ver toda a costa dende Finisterre ata Santa Tecla pasando polas rías de Muros, Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, xunto coas illas de Arousa, A Toxa, Cíes, Cortegada, etc. Por todo isto, estes dous miradores, foron declarados como lares de interese turístico nacional.
Outros lares, como as piscinas naturais do río Pedras e as ruinas do mosteiro da Misarela, construído no século XIV son zoas de gran interese para todos aqueles que desexen aventurarse polos nosos montes.