A NOSA HISTORIA
Somos unha empresa con sede nunha fermosa vila situada en pleno corazón da Ría de Arousa: A Pobra do Caramiñal. Empresa composta por catro membros da mesma familia que no ano 1993, decidimos deixar de lado case todo o que coñeciamos sobre o noso traballo e empezar cunha actividade tan descoñecida para nós como era a forxa. Na actualizade e despois de 25 anos de traxectoria profesional, podemos dicir que somos unha das empresas máis punteiras e recoñecidas na nosa comarca na fabricación de toda clase de artigos de ferro forxado, aluminio e aceiro inoxidable.
A NOSA FILOSOFÍA
Antigamente, os traballos de ferro forxado eran traballos que soamente a xente máis adiñeirada podíase permitir. O noso obxectivo é que todo aquel que o desexe, poida ter un artigo de forxa sen ter que renunciar á calidade que se merece por ter que facer un gran investimento. Temos unha gran variedade de deseños e sempre estamos a desenvolver novos modelos para chegar a todo o mundo.
GÚSTANOS SAIR
No nos gusta quedar na casa, gústanos saír por aí e recorrer a nosa terra, coñecer as nosas cidades e a nosa xente, por iso, non temos problema ningún en levar a casa a costas, estamos pendentes das feiras e exposicións que se celebran en Galicia. Sempre estamos preparados para saír porque queremos coñecerte e queremos que nos coñezas.
ÓNDE ESTAMOS
A distancia non e problema, desprazámonos a calquera lado de Galicia sen que iso supoña coste algún para os nosos clientes.
Oficinas: Rúa Unión, 4, baixo, dereita, 15940 A Pobra do caramiñal, A CORUÑA.
Taller: Rúa Camiño Ancho, 1, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña.